O PSOE disputaríalle ao PP o primeiro posto se houbese eleccións xerais, segundo unha enquisa
Podería manter a maioría no Congreso coas alianzas actuais fronte a unha dereita que non suma
.png)
Enquisa electoral de 40dB publicada hoxe. O PSOE estaría en condicións de disputarlle ao PP o primeiro posto se houbera agora eleccións xerais.
Podería manter a maioría no Congreso coas alianzas actuais fronte a unha dereita que non suma.
Os populares seguirían en primeira posición, pero retroceden case dous puntos respecto ao barómetro anterior, con 120 escanos.
O PSOE quedaría con 112. E con case un 28 % dos apoios, está a medio punto de repetir o resultado das últimas eleccións.
Vox sería a terceira forza, con 41 escanos. E Unidas Podemos queda con 30, cinco menos que agora. A enquisa tamén inclúe o BNG, no apartado de "outros". Gañaría un deputado e quedaría con 2.