Cargando resultados...
O PSOE presenta un voto particular para intentar corrixir o destope das bases de cotización
Unha deputada socialista votou por erro a favor da emenda de Unidas Podemos

G24.gal
06/06/2022 14:16
Un voto socialista na Comisión de Traballo permitiu aprobar catro emendas de Unidas Podemos, entre elas a de quitar o límite ás cotizacións dos soldos máis altos.
Ao decatarse do erro, a deputada do PSOE pediu repetir a votación, pero o presidente da Comisión, Antón Gómez-Reino, de Podemos, rexeitou esta posibilidade.
Se os socialistas non logran a corrección co voto particular, a lei co destope das cotizacións remitirase ao Senado, onde poderían presentar unha emenda.