Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing inicia mañá a era Menéndez contra o Burgos (18:30 h)

O Rácing inicia mañá a era Menéndez contra o Burgos (18:30 h)

G24.gal 25/01/2025 14:11

E o Rácing de Ferrol comeza unha nova etapa. Mañá ante o Burgos, e na Malata, estréase Alejandro Menéndez. 

O novo técnico chega para arranxar a fochanca na que está o equipo departamental: de antepenúltimo con só tres vitorias no seu haber. Menéndez bota contas. Quedan 19 partidos e precisan 31 puntos. Para lograr o obxectivo da salvación o técnico apunta que mañá xa se verá un Rácing con frescura e diferente: "O que non sei é cantos minutos. É difícil, despois de catro sesións, que o novo se vexa todo o partido."

O técnico non quere mirar a táboa: "Non miro a clasificación porque non dá solucións".

Por último, Menéndez non cre que o seu equipo se atope xa diante dunha final: "É un partido importante, pero non definitivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos