Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing recibe o Éibar coa vista posta no ascenso directo

O Rácing recibe o Éibar coa vista posta no ascenso directo

Cristóbal Parralo valorou a vitoria da semana pasada e advertiu dos puntos fortes do rival de mañá

Os ferroláns contan con catro baixas máis Óscar Pinchi, que tampouco xogará

G24.gal 03/02/2024 14:13

O Rácing volveu á senda dos bos resultados a semana pasada no Molinón. Nesta xornada prepárase para recibir ao Éibar, mañá ás dúas nunha Malata que aos poucos vai recuperando un mellor aspecto. Será un partido igualmente difícil, contra o segundo clasificado, empatado a corenta e un puntos cos ferroláns. Así o anunciou Cristóbal, que aínda non ten ás súas ordes a Pinchi. Tampouco a Jon García por sanción, nin aos mancados Álex López, Chuca e Nico Serrano. Si recupera a Bernal, e ten a dúbida de Señé. O técnico valorou moi positivamente o paso adiante de Xixón.

"Sempre é importante despois dunha derrota o poder puntuar, o poder gañar".

Tivo boas verbas tamén para o seu rival de mañá, destacando os puntos fortes do conxunto armeiro.

"É un bo equipo, que está xogando ben ao fútbol. Asóciase ben e fai boas transicións. Levaranos ao límite seguro".

En canto ao estado do céspede, que se viu en malas condicións nos últimos partidos na casa, mostrou optimismo pola súa recuperación.

"Esperamos que cos días que fan a herba estea mellor e poidamos recuperalo, pero aínda lle falta. Está mellor loxicamente que o día do Español ou o do Oviedo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade