Cargando resultados...
O Raxoi acada o ascenso á Primeira categoría do hóckey feminino
Comezaron perdendo 0-2, pero lograron a remonta diante do Nalón
G24.gal
04/05/2024 21:24
A vindeira temporada haberá outro equipo galego na OK Liga Feminina. O Hóckey Cub Raxoi acaba de ascender á máxima categoría tras superar o Club Patín Nalón Cuencas Mineras.
Tiveron que remontar as galegas, que marcharon o descanso perdendo 0-2. Gañaron 3-2, con goles de Naiara Vaamonde e dous de Lucía Velo. Normal a festa ao remate do partido no pavillón de Vite.