Cargando resultados...
O rei Filipe VI e o rei emérito Xoan Carlos I, xuntos en Madrid
Foi no funeral en memoria de Fernando Gómez-Acebo. Filipe VI e seu pai entraron e saíron da igrexa por separado

G24.gal
08/04/2024 21:10
Última actualización 08/04/2024 21:19
O rei Filipe VI e o seu pai o rei emérito Xoán Carlos I volveron encontrarse este luns. Foi en Madrid, no funeral en memoria de Fernando Gómez-Acebo, fillo da infanta Pilar, falecido o pasado un de marzo aos 49 anos.
Á cerimonia relixiosa tamén asistiron a raíña Letizia, a raíña Sofía e as infantas Helena e Cristina.
Filipe VI e o seu pai entraron e sairon da igrexa por separado.