Cargando resultados...
O rei inaugura 'As idades do home', centrada no Camiño de Santiago
A Catedral de Santiago será outra das sedes desta mostra

G24.gal
12/06/2024 16:13
O rei Filipe VI inaugurou no Bierzo a exposición 'As idades do home', que este ano está centrada na tradición hospitaleira do Camiño de Santiago. A mostra reflicte a importancia da peregrinación, a Catedral de Santiago como meta e a hospitalidade e acollida ao peregrino. Precisamente, a Catedral de Santiago será a outra das sedes desta mostra. Instalarase na cripta do Pórtico da Gloria e no mosteiro de San Martiño Pinario.