Cargando resultados...
O rei non asistirá ao acto inaugural do 50 aniversario da morte de Franco, pero participará noutros
O rei declinou a invitación do presidente do Goberno por cuestións de axenda, pero acordou con Pedro Sánchez participar noutros actos previstos
O rei Filipe VI nunha imaxe de arquivo
G24.gal
03/01/2025 19:22
O rei Filipe non asistirá o próximo mércores ao acto inaugural do 50 aniversario da morte de Franco.
Filipe VI declinou a invitación do presidente do Goberno por cuestións de axenda, pero acordou con Pedro Sánchez participar noutros actos previstos. Entre eles, a visita institucional aos campos de concentración nazis de Auschwitz e Meuthausen ou o evento que conmemorará o papel da monarquía na Transición española.