Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector do mar pide que se retiren do mercado produtos vexetais que imitan o peixe

O sector do mar pide que se retiren do mercado produtos vexetais que imitan o peixe

Cren que os fabricantes destes alimentos veganos se aproproveitan do bo nome dos produtos pesqueiros e dos beneficios nutricionais que posúen

G24.gal 21/09/2023 16:13

O sector pesqueiro alerta o Goberno de posibles prácticas fraudulentas nos produtos vexetais que imitan o peixe. Cren que levan á confusión do consumidor, e piden a súa retirada do mercado.

Hai preocupación no sector así que as organizacions de armadores, confrarías, das conserveiras, da acuicultura, e do sector do conxelado uníronse nesta demanda, para reclamarlle ao Ministerio de Consumo que investigue o que entenden que é unha fraude.

Piden que se retiren do mercado eses produtos veganos que se presentan como peixe cando non o son, e que poden confundir o consumidor.

Elabóranse con legumes, cereais, aceites ou algas, pero preséntanse no mercado como substitutos dos produtos pesqueiros.

Conxemar leva dende 2021 estudando estas imitacións no mercado europeo. Din que usan xogos de palabras nas marcas ou logotipos con motivos pesqueiros para confundir o consumidor.

Cren que así se aproveitan do bo nome dos produtos pesqueiros e dos beneficios nutricionais que posúen.

Organizacións do sector pesqueiro de todo o Estado uníronse para pedir que se revisen estas prácticas e se retiren do mercado os produtos fraudulentos.

Pediron amparo ao Ministerio de Consumo, de Pesca e á Comisión Europea, e confían en que -como sucedeu co polo- se eliminen as referencias ao peixe nos produtos de orixe vexetal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade