O sector mar-industria recibe con satisfacción a transferencia da xestión litoral a Galicia
Confían que a xestión do litoral pola Xunta lles ofreza maior seguridade xurídica e pensan que pode traer novos investimentos e proxectos empresariais a Galicia
A nova do acordo para a transferencia da xestión do litoral a Galicia é recibida con satisfacción polo sector mar-industria galego. Confían que a xestión do litoral pola Xunta lles ofreza maior seguridade xurídica. Esa era a gran demanda das industrias asentadas no litoral galego, que confían en poder traballar con máis garantías
Roberto Fariña, presidente de AGADE (Asociación Galega de Depuradores de Mariscos), explica que ven "por fin a luz ao final do túnel" e agarda "que garanta a nosa localización no litoral, onde levamos máis dun século".
Falan de proxectos e investimentos paralizados que poderían retomarse en Galicia.
"Estamos seguros de que moitos proxectos paralizados se van retomar e tentaremos que os investimentos adxudicadas a outros países volvan a Galicia", detalla Fariña.
Tamén comparte esa idea Javier Touza, Presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, quen di que achegará "maior seguridade xurídica para facer inversións para as empresas que estaban pendentes da resolución dos recursos das transferencias".
Aseguran que en parte esta transferencia recoñece o significado do mar para a economía galega.