O Supremo obriga un condenado por maltrato a indemnizar a vítima
En aplicación da lei do "só si é si", o alto tribunal revoga a renuncia dela á acción civil

O Tribunal Supremo obriga un condenado por maltratar a súa exparella a indemnizala a pesar de que ela o perdoara e que renunciara a exercer as correspondentes accións.
O alto tribunal explica que a chamada lei do "só si é si" permite a revogación da renuncia da acción civil cando os efectos do delito foron máis graves do previsto inicialmente ou se a renuncia puido estar condicionada pola relación da vítima co autor do delito.
Neste caso en concreto, o Supremo estima que a vítima, unha moza de 18 anos, tiña dependencia emocional do agresor, e por iso obriga o condenado pola Audiencia de Pontevedra a pagarlle 430 euros polos danos físicos que lle inflixiu.