Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sur da provincia de Ourense está esta noite en aviso amarelo por baixas temperaturas

O Sur da provincia de Ourense está esta noite en aviso amarelo por baixas temperaturas

Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima de Galicia este sábado, con seis graos negativo

O anticiclón mantense ata o martes

G24.gal 14/12/2024 21:40 Última actualización 14/12/2024 22:52

O sur da provincia de Ourense pasará a noite en aviso amarelo por frío, con valores que poderían baixar dos catro graos negativos nas próximas horas. Prevense temperaturas
similares as acadadas este sábado.

Na madrugada pasada, Calvos de Randín rexistraba unha vez máis a mínima de Galicia, con seis graos negativos. En Verín e en Xinzo amencían con menos cinco.

O anticiclón manterase en Galicia ata o martes, cando deixará paso ás borrascas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade