Cargando resultados...
O TC anula a inhabilitación de Alberto Rodríguez, exdeputado de Podemos
Alberto Rodríguez fora inhabilitado por darlle unha patada a un policía nacional durante unha protesta en Tenerife en 2014

G24.gal
16/01/2024 15:00
O pleno do Tribunal Constitucional outorga o amparo ao exdirixente de Unidas Podemos Alberto Rodríguez e anula a súa condena a inhabilitación por dar unha patada a un policía nacional durante unha protesta en 2014 na Lagoa (Tenerife). Condena que o deixou sen escano no Congreso.
O tribunal de garantías estima así o recurso que presentou o exdeputado da formación morada contra a sentenza do Tribunal Supremo. O Alto Tribunal condenárao a un mes e quince días de prisión, que se substituíu por unha multa e unha pena accesoria de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo de 45 días.