Cargando resultados...
O tráfico de mercadorías de pesca conxelada supera a automoción no porto de Vigo
A pesca conxelada move 2.000 toneladas máis ca a automoción no mes de outubro
G24.gal
24/11/2021 14:42
As exportacións de vehículos caeron ata tal punto que os coches xa non son a primeira mercadoría que sae do porto de Vigo.
Os últimos datos reflicten unha caída de algo máis dun 13 % no movemento de vehículos provocada pola falta de semicondutores e os paros na fabricación.
O primeiro posto pasa a ocupalo a pesca conxelada, que crece por riba do 12 % e move dúas mil toneladas máis que a automoción.
Con todo, o porto de Vigo acumula un crecemento no tráfico de mercadorías de case dez puntos no que levamos de ano.
Os metais e as manufacturas sitúanse no terceiro posto en tráfico de mercadorías no porto vigués.