O verán prolongado no mes de outubro ten esgotados os galegos, que xa agardan un cambio de tempo
12 de outubro de 2023, un día en que se superaron os 30 graos en varios puntos de Galicia
Un verán prolongado en pleno mes de outubro que xa empeza a cansar e ten esgotadas as forzas de máis de un
Son moitos os que xa piden a berros un cambio

A calor comeza xa a pasarnos factura. Estamos máis nerviosos e máis irritados por un verán que se prolonga en pleno mes de outubro.
As temperaturas invitan a saír, a facer plans, a viaxar..., pero son moitos días de calor seguidos e xa botamos en falta o frío e a chuvia.
E en Galicia parece que non imos agardar moito por eles, porque se achega unha fin de semana pasada por auga.
As temperaturas foron das mellores dos últimos anos en Galicia.
A estas alturas xa nos fai falta un cambio. Así que, se chove, que chova...