Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xulgado de Ourense anula unha modificación de crédito aprobada polo Concello

O xulgado de Ourense anula unha modificación de crédito aprobada polo Concello

Foron 62 millóns de euros destinados a desenvolver diversas obras e investimentos na cidade 

G24.gal 27/05/2022 17:41

O xulgado de Ourense acaba de estimar parcialmente unha demanda do grupo socialista acusando o alcalde, Pérez Jácome, de aprobar en pleno unha modificación de crédito vulnerando a lei.

Foron 62 millóns de euros destinados a desenvolver diversas obras e investimentos na cidade. Pérez Jácome non o someteu a exposición pública e non se puideron facer alegacións.

A sentenza non é firme. O Concello xa anunciou recurso e de saír adiante a sentenza paralizaría as actuacións contempladas.

Tras coñecer a sentenza, que o Goberno local xa avanza que recorrerá, o portavoz municipal socialista, Rafael Rodríguez Villarino, advirte que o seu grupo pedirá a execución provisional desta decisión xudicial para que "ninguén salte nin a legalidade nin a democracia".    

"É un bo día para a democracia en Ourense", celebra Villarino en declaracións aos medios, á vez que lamenta que o goberno de Jácome, en coalición co PP, empregara no pleno o pasado verán "un rolete para levar a cabo as súas políticas adiante sen permitir que se pronunciase a cidadanía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade