Cargando resultados...
Orde de afastamento da súa moza para o rapaz que se atrincheirou en Boiro
Foi a Garda Civil a que actuou de oficio despois de detelo como presunto autor dun delito de violencia de xénero

G24.gal
12/06/2023 08:35
O xulgado de garda de Ribeira decretou unha orde de afastamento da súa moza para o detido que se atrincheirou este sábado nun piso de Boiro. O home quedou en liberdade tras comparecer onte ante o xuíz.
Foi a Garda Civil a que actuou de oficio polos indicios con que contaba despois de detelo como presunto autor dun delito de violencia de xénero. A moza presentaba varias feridas das que tivo que ser atendida nun centro de saúde de Boiro.