Cargando resultados...
Os autónomos do transporte xa poden pedir as axudas polo custo dos carburantes
As axudas oscilan dende 750 euros a 1.800 por vehículo e non poden pedilas os transportistas que xa están acollidos á devolución do gasóleo profesional

G24.gal
18/09/2023 13:21
Os autónomos do sector do transporte poden solicitar dende hoxe as axudas para compensar o elevado prezo dos carburantes.
É unha subvención directa que se pide na sede electrónica da Axencia Tributaria. O prazo vai dende hoxe ata o 31 de outubro.
E as axudas oscilan dende 750 euros a 1.800 por vehículo, dependendo da actividade. Poden acollerse taxistas, servizos de mudanzas...
Os que non teñen que pedilas son os transportistas que xa están acollidos á devolución do gasóleo profesional. Ese colectivo recibirá o ingreso automático este mes.