Cargando resultados...
Os autónomos galegos contan con dúas novas liñas de axudas para consolidar negocio ou reemprender
Os programas de axudas están dotados con nove millóns e medio de euros
G24.gal
22/01/2024 14:58
Os autónomos galegos contan dende hoxe con dous novos programas de axudas, dotados con nove millóns e medio de euros. Van destinados a facer os negocios máis competitivos, e a dar novas oportunidades para emprender. Así o explicou a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade na VI Semana do Emprendemento da Escola Profesional Santo Cristo de Ourense.
"Os autónomos en Galicia son un 20 %, son moi importantes, e os políticos estamos para axudar, non poñer trabas. Dende Galicia axudamos ao traballo autónomo, para os que empezades acabamos de sacar unhas axudas, ata 8.000 euros", dixo Elena Rivo.
Minuto a minuto
10:55
proba
10:55
proba