Cargando resultados...
Os autónomos protestan contra o novo sistema de cálculo de cotas do Goberno
Din que afoga os que pagan os tramos máis baixos

G24.gal
24/03/2022 20:19
A plataforma cidadá Loita Autónoma convocou mobilizacións en toda España para protestar polo novo sistema de cálculo de cotas que propón o Goberno.
Aquí en Galicia houbo manifestacións en Vigo e en Santiago. Piden que se busquen novas fórmulas de cotización á Seguridade Social que non afoguen aos que pagan os tramos baixos e medios.
Tamén reclaman fixar uns ingresos mínimos para comezar a pagar a cota de autónomo e equiparar os dereitos destes traballadores cos dos asalariados.