Cargando resultados...
Os autónomos que traballan na casa poden deducir gastos de subministración do fogar
Poderán restar do IVE as facturas da luz, do gas ou de Internet

G24.gal
20/02/2024 11:14
Novidades tributarias para os autónomos que traballan na casa: van poder deducir os gastos de subministración do fogar, como electricidade, auga ou Internet.
Van poder restar eses gastos do IVE e reclamar o que pagaron por eles durante os últimos catro anos.
A dedución será proporcional á parte de vivenda que utilicen para o seu negocio.
Facenda cambiou de criterio sobre estes gastos tras unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, que sentou xurisprudencia.