Os deputados do PP, satisfeitos pola celebración do Congreso
Os líderes territoriais do PP miran cara a Feijóo
Satisfacción nos corredores do Congreso entre os deputados do PP. Confían na nova etapa que se vai abrir no partido. Entre eles, a galega Ana Vázquez, quen afirmou que se deron "os pasos que pediamos os afiliados".
Os líderes territoriais do Partido Popular apuntan a Feijóo para liderar o futuro da formación en España. O presidente andaluz, Juanma Moreno, foi un paso máis aló. Dixo que Feijóo é quen acada consensos dentro e fóra do PP. "Ten unha traxectoria que apoia a súa boa xestión en Galicia. Concita consensos dentro e fóra do partido", asegurou.
Ata que se celebre o congreso, asume as rendas do partido como coordinadora xeral a voceira parlamentaria Cuca Gamarra. E Estaban González Pons, eurodeputado, será o presidente do comité organizador do conclave.