Os empresarios do norte de Portugal queren unha conexión co AVE ourensán
Pedíronlle ao novo Goberno luso unha vía rápida que os conecte coa alta velocidade española
Os empresarios ourensáns aplauden a petición, que sería positiva para as dúas rexións

As empresas do norte de Portugal queren infraestruturas que os acheguen a alta velocidade galega. Así llo pediron ao seu Goberno. O AVE que pasa por Ourense é unha saída cara ao resto da península que as empresas portuguesas ven como unha ferramenta que abriría oportunidades. Así llo dixo á CRTVG Luís Ceia, presidente da Confederación de Empresarios do Minho.
É por iso que a patronal de Viana do Castelo, o distrito que limita con Galicia, lle pide ao executivo luso que estude a posibilidade de construír vías rápidas que os acheguen a Padrenda e ao Xurés, no sur da provincia de Ourense, para así estar máis cerca a alta velocidade.
Para os empresarios galegos esta é unha petición lóxica, que achegaría máis as dúas comunidades empresariais e da que todos sairían gañando.