Os fogares españois investiron en 2022 máis do 10 % dos seus ingresos en pagar as facturas da enerxía
Os fogares españois investiron en 2022 máis do 10 % dos seus ingresos en pagar as facturas da enerxía
Hai só dous anos os fogares españois destinaban un 6 % dos seus ingresos a pagar as facturas enerxéticas, agora é máis do 10 %
A crise enerxética déixase notar en toda Europa nesta costa de xaneiro, coincidindo coa baixada das temperaturas. Pero o esforzo que teñen que facer os fogares para pagar as facturas da calefacción e da luz é distinto en cada país.
Hai só dous anos os fogares españois destinaban un 6 % dos seus ingresos a pagar as facturas enerxéticas, agora é máis do 10 %.
España non é o país coa enerxía máis cara, pero en relación cos ingresos o esforzo para pagala aumenta comparado coas grandes economías da eurozona. En Francia destinan o 6,5 % da renda a pagar os gastos do gas, electricidade e outros combustibles. En Alemaña un 9 % e en Italia o 12 %.
Ademais dos ingresos e as rendas tamén inflúe nesta conta a eficiencia enerxética das vivendas. Grecia, Portugal e España son os países europeos con maior porcentaxe de fogares incapaces de manter a vivenda coa temperatura adecuada.