Cargando resultados...
Os paramilitares aseguran ter controlado o pazo presidencial sudanés
Os enfrontamentos entre o Exército e as Forzas de Apoio Rápido recruaron este sábado

G24.gal
15/04/2023 21:03
O grupo paramilitar máis importante do Sudán asegura que controla o palacio presidencial e o principal aeroporto do país.
Os enfrontamentos entre o Exército e os paramilitares das denominadas Forzas de Apoio Rápido recruaron este sábado na capital sudanesa, Khartum, e en varias cidades máis. A pugna polo poder ameaza con estenderse a todo o territorio.
Mentres, as Forzas Armadas sosteñen que seguen controlando todas as bases militares. Tanto a Unión Europea coma a ONU instaban este sábado a ambas as dúas partes a un cesamento do fogo para evitar unha guerra civil.