Os pataqueiros da Limia enfróntanse ao mildio despois das chuvias
Preocupación entre os agricultores da Limia polos danos que a meteoroloxía está a causar esta primavera no cultivo da pataca
Falan de importantes perdas na produción de ata un 30 % da produción causadas pola chuvia, e tamén da aparición de fungos que están atacando as plantas
Agardan que o tempo se manteña estable para poderen entrar coa maquinaria a arar e aplicar os tratamentos fitosanitarios
Agora, despois de tanta chuvia e estas temperaturas suaves, a preocupación dos agricultores da Limia é facerlles fronte aos brotes de mildio nas patacas, porque se están a dar as condicións óptimas para a súa proliferación.
Pero o problema, din, é que hai moitas leiras aínda con exceso de auga ás que non poden acceder coa maquinaria para aplicar os tratamentos fitosanitarios.
Aquí agardan tamén a mellora do tempo, para paliar as perdas da chuvia, que xa danaron un 30 % da produción das patacas.

Completamente anegadas estaban a maioría das leiras de patacas na Limia hai dúas semanas, agora a situación mellorou un pouco pero hai preocupación entre os agricultores.
Os condicións meteorolóxicas aliáronse cos fungos e agora o reto é poderen entrar cos tractores ás leiras e que o mildio non cause máis perdas.