Cargando resultados...
Os xubilados galegos rodean a praza do Obradoiro para defender as pensións
Reclaman que a pensión mínima de xubilación estea nos 1.084 euros

G24.gal
07/02/2022 14:53
Os pensionistas volveron saír hoxe a protestar ás rúas, coma cada primeiro luns de mes, e volveron pedir melloras nas pensións.
Os maiores aseguran que levan así catro anos e seguirán ata que se garanta a desvalorización das súas pagas de acordo co IPC anual. Reclaman que a pensión mínima de xubilación estea nos 1.084 euros.
En Galicia tamén houbo concentracións. Unha delas foi en Santiago. Os pensionistas rodearon a praza do Obradoiro baixo o lema "Goberne quen goberne, as pensións deféndense".