Óscar López proclamado novo secretario xeral do Partido Socialista de Madrid
O ministro de Transformación Dixital e da Función Pública foi proclamado secretario xeral pola Comisión de Ética e Garantías do PSOE de Madrid ao non presentarse ningún outro candidato

O ministro de Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, foi proclamado pola Comisión de Ética e Garantías do PSOE de Madrid como novo secretario xeral do partido en Madrid, ao non presentarse ningún outro candidato.
Nos Estatutos Federais aprobados no recentemente celebrado 41º Congreso Federal figura que no caso de que se proclamara unha única precandidatura, como é o caso da de López, este será proclamado polo órgano verificador. Esta nova norma evita as eleccións primarias.
A renovación do liderado no PSOE-M culminará no 15 Congreso Rexional que os socialistas madrileños celebrarán os días 1 e 2 de febreiro. Neste Congreso vaise elixir e ratificar a nova dirección política.
Trátase da primeira vez en 30 anos que a federación madrileña ten unha única candidatura á Secretaría Xeral, a última foi cando en 1994 o agora deputado nacional Rafael Simancas a conseguira.
López presentaba este xoves pasado a súa candidatura para "gañar Madrid" e "gañar ao mal" coa mirada posta nas eleccións de 2027 e cunha aposta "pola esquerda valente":
"Poñer en marcha un proxecto de esquerdas valente (...) Imos gañar cunha palabra que é a máis marabillosa e que moita xente leva anos esnaquizándoa: a verdade", dicía na conferencia de prensa Oscar López.
O ministro dirixiuse aos militantes de Madrid, recoñecéndose como "un deles" tras afiliarse nesta federación fai 28 de anos.
"Eu son un militante máis do PSOE de Madrid", remarcou para, a continuación lembrar cando os socialistas "tiveron o Goberno" na Comunidade pero non o conseguiron, citando 2003, o 'Tamayazo', 2015 e 2019, cando daba a maioría con Ciudadanos, pero este decidiu manter o PP na Real Casa de Correos.
Coñecida a noticia, era o propio Oscar López o que daba as grazas a todas e a todos os militantes a través da rede social X.
Gracias a todas y a todos los militantes del @psoe_m
— Oscar López Agueda (@oscarlopeztwit) December 7, 2024
Esfuerzo, ilusión y compromiso no van a faltar.
Será un honor trabajar con miles de compañeros socialistas y con millones de progresistas de Madrid para lograr el cambio en 2027.
Con un proyecto de izquierda valiente. https://t.co/LHgH6dLtWv