Cargando resultados...
Óscar Mingueza: "Somos conscientes de que o primeiro obxectivo é non descender"
O defensa recoñece que non están a facer a temporada que desexaban
G24.gal
11/01/2023 13:55
Última actualización 11/01/2023 14:07
Óscar Mingueza consolídase no centro da defensa do Celta. O catalán asume o obxectivo do equipo para esta temporada:
"Somos conscientes de que o primeiro obxectivo é non descender. Confío moito neste equipo. Imos lograr a salvación, seguro, e despois xa miraremos outros obxectivos".
Mingueza valorou o triunfo en Elxe e o feito de non recibir goles. Recoñeceu tamén, a mala temporada do equipo:
"Non é a temporada que desexamos. Non estamos nunha posición cómoda porque estamos moi preto de abaixo. O triunfo en Elxe foi moi importante".