Cargando resultados...
Pablo Corzo: "Sabor agridoce porque este equipo ten moita fame"
A U. D. Ourense deixou escapar dous puntos por primeira vez esta temporada

G24.gal
08/10/2023 16:33
Na quinta xornada da 3ª RFEF, o líder U. D. Ourense non foi quen de conseguir a vitoria. Foi en Barreiro ante un Celta C que se adiantou no marcador. O Galicia en goles conversou tras o encontro con Pablo Corzo
"Seguimos sen perder, queremos sacar os tres puntos en cada campo. O sabor é agridoce porque o equipo ten moita fame. Entramos con falta de criterio con respecto a outros partidos. Foi unha pena o seu gol pero logo puidemos empatar. No segundo tempo fomos mellores, fomos polo partido. Tivemos as ocasións pero non puidemos marcar. Hoxe o equipo amosou que tamén sabe defender e que non xeraron oportunidades".