Países Baixos e Senegal pasan a oitavos, Ecuador e Qatar quedan eliminados
Países Baixos derrotan a Qatar por 2-0, mentres que Senegal vence por 2-1 a Ecuador

Resolveuse o Grupo A do Mundial. Países Baixos e Senegal pasan a oitavos, Ecuador e Qatar quedan eliminados.
Os goles do dianteiro Cody Gakpo, na primeira parte, e do centrocampista Frankie De Jong, ao comezo da segunda, propiciaron a vitoria ante a selección anfitrioa por 2-0 no encontro que completou o Grupo A de Qatar 2022.
Coa vitoria, o cadro de Louis Van Gaal asegurou a presenza nos oitavos de final, fase onde se medirá co segundo do Grupo B, que conforman Inglaterra, Gales, Estados Unidos e Irán. Qatar, pola súa banda, que xa estaba eliminada, despídese do torneo sen puntuar.
¡Es la revelación de #NED en el Mundial! 🔥
— Gol Mundial (@Gol) November 29, 2022
⚽ Tercer gol de Gakpo en #Qatar2022
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter #GolMundial pic.twitter.com/7Vyyj96UGf
Mentres, un gol de Kalidou Koulibaly no minuto 70, instantes despois do 1-1 anotado por Moisés Caicedo, eliminou a Ecuador do Mundial 2022 e clasificou para os oitavos de final a Senegal, como segunda de grupo.
🥲 Sonrisas y lágrimas #GolMundial pic.twitter.com/Dqxri6N99K
— Gol Mundial (@Gol) November 29, 2022
