Cargando resultados...
Os barcos da ameixa da ría de Vigo paran porque "non compensa saír ao mar"
Din que co prezo en lonxa a 3 euros quilo é mellor quedar amarrados
G24.gal
04/07/2024 14:56
A imaxe que presentaba hoxe o porto de Baiona era a do preto dun cento de barcos que van á ameixa que decidiron parar. O motivo é o baixo prezo do molusco en lonxa. Achacan o problema en parte a unha oferta elevada, debido ao levantamento da veda en Portugal.
Ante esta situación, prefiren que a ameixa quede no mar. Co duro traballo que supón e os gastos que implica non lles compensa saír pescar. Para eles a solución é establecer un prezo mínimo e non estar tan suxeitos á oferta e á demanda.
As confrarías da ría de Vigo uniron forzas e mentres non se arranxe o problema, os barcos seguirán amarrados a porto.