Cargando resultados...
Pedro Castillo pasará 18 meses en prisión preventiva
Nove mortos nunha nova xornada de protestas antigobernamentais

G24.gal
16/12/2022 08:07
O expresidente do Perú Pedro Castillo pasará dezaoito meses en prisión preventiva. Será investigado polos delitos de rebelión e conspiración polo frustrado autogolpe de Estado do 7 de decembro.
Nas últimas horas, o Goberno de Dina Boluarte ordenou un toque de recollida nocturno en 15 provincias tras un nova xornada de violencia nas rúas en que morreron nove manifestantes antigobernamentais. Desde o domingo van xa 17 falecidos nas protestas que piden a renuncia de Boluarte e o peche do Congreso.