Cargando resultados...
Peque: "O que vivimos en Burela como xogadoras non se vive en ningunha parte do mundo"
A capitá valora a quinta Supercopa de España do Burela FS

G24.gal
29/01/2023 15:12
Non levan as contas dos moitos títulos que acadaron nos últimos anos. O mellor equipo do mundo no fútbol sala feminino non se cansa de gañar. Nesta quinta Supercopa, cuarta consecutiva, era dúbida Peque, que finalmente volveu ser clave.
"Tal e como estaba o pavillón, non se podía non estar. En canto entro na pista esquezo todo. O título é o resultado do traballo que facemos, e logo pode chegar ou non. Estou rodeada de moita xente boa, e Burela é o mellor sitio do mundo , por como nos tratan, non só como xogadoras, senón como persoas".