Cargando resultados...
Un incendio en Begonte queima máis de 30 hectáreas
Nos traballos de extinción participan tres axentes forestais, oito brigadas, catro motobombas, seis helicópteros e dous avións

G24.gal
09/05/2022 19:14
Última actualización 10/05/2022 08:28
A Consellería do Medio Rural informou de que un incendio forestal no municipio lucense de Begonte, na parroquia de Gaibor, queimou máis de 30 hectáreas. Os medios terrestres e aéreos traballaron para tratar de extinguilo.
O lume comezou sobre as 14:29 horas deste luns. Fontes veciñais precisaron que o lume chegou a estar relativamente preto dalgunhas vivendas do lugar. Nos traballos de extinción participan tres axentes forestais, oito brigadas, catro motobombas, seis helicópteros e dous avións.