Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pesca advirte de que o veto de Bruxelas ao arrastre é unha noticia "devastadora" para a frota

Pesca advirte de que o veto de Bruxelas ao arrastre é unha noticia "devastadora" para a frota

A Consellería insiste en que non hai informes técnicos que avalen a decisión de Bruxelas

G24.gal 24/02/2023 14:51 Última actualización 24/02/2023 15:11

Esta semana fíxose oficial o veto de Bruxelas á pesca de arrastre. A Consellería de Pesca insiste en que é unha medida devastadora e arbitraria, que non conta con informes técnicos que a avalen.

O director xeral de Pesca, Antonio Basanta, asegura que a decisión "é unha falta de respecto cara ao sector, creo que é un paso máis na deriva ambientalista que non ten en conta criterio socioeconómico desta actividade. Recoñecendo que non teñen datos concluentes fan unha proposta devastadora para a nosa frota".

Escoitar as propostas dos bateeiros para paliar a escaseza de mexilla

O director xeral de Pesca tamén falou do conflito aberto pola escaseza de mexilla. Di que a consellería está aberta ás propostas dos afectados. Responde así ás protestas dos bateeiros, que se manifestaron ante a Xunta para esixir solucións, e lembra que xa se acordou a ampliación duns 130 quilómetros de superficie para extraer semente do mexillón.

"A consellería é consciente de que existe un problema de escaseza de mexilla, que se vén analizando nos últimos meses, e de aí saen medidas a medio, curto e longo prazo. Estamos abertos a recoller as propostas que teñen as organizacións", asegura Antonio Basanta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos