Precaución nas estradas polas xeadas, especialmente no sur e no leste de Ourense
A temperatura máis baixa deuse en Calvos de Randín, onde chegaron aos -8,6 graos
.png)
Galicia amenceu esta mañá cuberta de xeada e con placas de xeo nas estradas do interior e en especial no centro e sur de Lugo, sur e leste de Ourense, onde a temperatura máis baixa se deu en Calvo de Randín, alí chegaron aos -8,6 graos baixo cero. Tamén hai xeo nas estradas no interior da Coruña e Lugo. Polo que ser recomenda precaución nas estradas.
Baixo cero gran parte de #Galicia🥶🌫️
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) December 15, 2024
⚠️ #Ourense🚗🧊
⚠️Centro e sur de #Lugo🚗🧊
⚠️Interior de #ACoruña e #Pontevedra🚗🧊
O dato🖊️-8,6ºC en #CalvosdeRandín
🔹Anticiclón en #Galicia☀️
🔹Néboas en zonas do interior🌫️#FelizDomingo pic.twitter.com/LIAejjiBSI
Este domingo dáse unha nova xornada de altas presións, segundo informa MeteoGalicia, con ceo despexado na maior parte do territorio co avance do día e con xeadas, especialmente nas comarcas de Viana, Verín, A Limia e Baixa Limia, todas no interior de Ourense, segundo informa meteo Galcia
Ademais, poderá haber nubes baixas pola mañá e tamén néboas nos vales do interior, segundo a predición de Meteogalicia.
As temperaturas non terán cambios significativos e o vento soprará de compoñente leste.
Temperaturas mínimas e máximas previstas para o domingo nas cidades:
Lugo -2°C 10°C
Vigo 6°C 17°C
Ferrol 4°C 14°C
Santiago 3°C 13°C
Pontevedra 1°C 16°C
A Coruña 6°C 14°C
Ourense 0°C 13°C