Descoidos ou velocidade excesiva adoitan estar detrás dos accidentes de moto
Advirten da falta de destreza de moitas persoas que se apuntan á moda da moto sen apenas experiencia
No verán aumenta o volume de motos nas estradas e tamén as cifras de accidentes destes vehículos. Nas últimas semanas producíronse varios con resultado de morte en Galicia.
O factor humano, como descoidos ou velocidade excesiva, adoita estar detrás dos sinistros. Pero desde os colectivos de motoristas apuntan outros elementos, como a desidia dos condutores coas motos, o mal estado da rede viaria ou non usaren a indumentaria axeitada coas debidas proteccións.
O verán é a época por excelencia para as motos en Galicia, polo clima. Aumenta o número e tamén as cifras de sinistros. O factor humano adoita estar detrás da maioría deles, como a velocidade excesiva ou descoidos.
Motociclistas con dilatada experiencia como Jesús Pereira ou Javier Fuji apuntan outros factores, como o mal estado das estradas.
Tamén advirten da falta de destreza de moitas persoas que se apuntan á moda da moto sen apenas experiencia.
Aos condutores pídenlles máis precaución e respecto polas motos. Aos que circulan en moto, prudencia e seguridade.