Cargando resultados...
Premio para un médico do rural ourensán que forma profesionais de toda España
Coñece todos os seus pacientes e a súa medicina de proximidade é a mellor prevención
G24.gal
06/03/2024 16:15
Ser médico no rural non é o mesmo que selo nas cidades. Ten algún inconveniente pero moitas vantaxes.
Afírmao Albert Foo, o doutor de Laza que pon en valor a proximidade, o trato estreito cos seus pacientes, a dedicación e a empatía para exercer unha medicina de calidade tamén nas aldeas.
Foo recibiu un premio Asomega pola creación dunha aula de ecografía clínica, onde veñen formarse residentes de todo o estado.