Preocupación entre a veciñanza de Porto do Son polas mandas de xabarís
Piden que as autoridades competentes se encarguen de limpar e rozar as zonas lindeiras aos fogares para así evitar que os xabarís aniñen nas proximidades dos fogares
Desde o monte San Lois ata a praia de Boa, en Porto do Son, os xabarís foron gañando terreo e sementando preocupación entre os veciños.
"Hai tres ou catro mandas deles. Están por todos os, bótanse a xente e desfán todo o que tes na leira", relata un dos veciños afectados. "Non é só que se dediquen a comer os cultivos, senón que tamén os estragan todos".
As veciños e veciñas da zona alertan tamén a súa preocupación de que os porcos bravos produzan un mal maior. Afirman que se botan aos cans ou a eles mesmos e declaran o seu temor polas crianzas que viven na contorna.
Piden que as autoridades competentes se encarguen de limpar e rozar as zonas lindeiras aos fogares para así evitar que os xabarís aniñen nas proximidades dos fogares. "Ao non ter que cazar métense nas nosas leiras e xardíns, moi preto das vivendas", relata un dos veciños.
A veciñanza afirma que son animais agresivos e que se debería controlar a zona e ocupación das mandas que medran tempada tras tempada.