Cargando resultados...
Preséntase un prototipo de coche autónomo fabricado en España
O coche toma decisións sen necesidade de que un condutor tome o control
Os fabricantes reclaman unha lexislación que permita a circulación deste tipo de vehículos
G24.gal
28/06/2022 22:07
O vehículo autónomo xa é unha realidade. Hoxe presentouse en Ávila un prototipo de fabricación española que vai funcionar sen condutor.
Falamos dun vehículo autónomo que non precisa dun condutor preparado para tomar o control.
A través de sensores, o coche toma decisións, como parar nos pasos de peóns.
A Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles reclama unha lexislación que permita a circulación deste tipo de vehículos.