Cargando resultados...
Primeira xornada de folga do sector siderometal de Ourense
Os traballadores demandan un convenio colectivo digno, que garanta o mantemento do poder adquisitivo dos salarios e recolla melloras laborais e sociais reais

G24.gal
28/09/2022 12:42
Primeira xornada de folga do sector do siderometal de Ourense, que se estenderá ata mañá.
Os traballadores demandan un convenio colectivo digno, que garanta o mantemento do poder adquisitivo dos salarios e recolla melloras laborais e sociais reais.
A folga está convocada polas tres centrais sindicais, CIG, UXT e CCOO. A patronal só lles ofrece subir os salarios un 4 %. Os sindicatos reclaman un 6,5 % para 2022 e 2023 e un 5 % para o 2024, así como unha cláusula de revisión salarial e que os atrasos se perciban desde o 1 de xaneiro.