Cargando resultados...
Primeiro peche total da estación da Coruña polas obras da terminal provisional
Os viaxeiros son derivados en autobuses dende primeira hora da mañá
G24.gal
10/12/2024 16:15
Última actualización 10/12/2024 18:11
Vías baleiras de viaxeiros na estación de tren da Coruña. Tan só operarios que traballan arreo para ter lista a terminal provisional en 4 días. A deste martes foi a primeira xormada de peche total, con algún despistado.
Renfe programou máis 500 servizos de autobús para facilitar a mobilidade. Unha opción que, segundo os viaxeiros, non é efectiva.
Moitos tiveron que modificar os seus horarios e outros mesmo se viron obrigados a alongar a estancia. Transbordos e máis tempo de viaxe. Un fastidio para os usuarios, que tamén tiveron complicado mercar os tíckets.
A previsión é que o sábado a estación provisional poida estar operativa.