Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional e sen fianza para a parella de Juana Canal por asasinala hai 19 anos

Prisión provisional e sen fianza para a parella de Juana Canal por asasinala hai 19 anos

A xuíza decretou o cárcere preventivo porque hai risco de fuga e de obstrución á xustiza

O detido pola desaparición de Juana Canal,Jesús P.H., pasa a disposición xudicial. (EFE/ Raúl Sanchidrián) O detido pola desaparición de Juana Canal,Jesús P.H., pasa a disposición xudicial. (EFE/ Raúl Sanchidrián)
G24.gal 28/10/2022 16:37

A xuíza de instrución 3 de Ávila ordenou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para a parella de Juana Canal por asasinala hai dezanove anos. Segundo o auto xudicial, matouna dun golpe, tras unha forte discusión no seu piso do distrito madrileño de Ciudad Lineal, e despois despezouna na bañeira e foi soterrala nunha leira na localidade abulense de Navalcruz.

O xulgado de Ávila inhibiuse en favor do Xulgado Decano de Madrid ao entender que os supostos feitos delituosos tiveron lugar no partido xudicial da capital de España. A decisión da xuíza produciuse tras a declaración do asasino confeso, a quen o avogado da familia de Juana Canal, Juan Manuel Medina, viu "enteiro" e sen mostrar arrepentimento. Ás portas dos xulgados da capital abulense, Medina comentou aos xornalistas que, durante os 45 minutos de interrogatorio, o acusado respondeu a todas as preguntas que se lle formularon sobre o sucedido en febreiro de 2003.

No seu auto, a xuíza optou por decretar prisión provisional, comunicada e sen fianza, como solicitaron o avogado da familia e a fiscalía, fronte á oposición do avogado do arrestado. A xuízo de Medina, existe motivos "máis que fundamentados" para o seu ingreso en prisión por existir "risco de fuga", ademais dunha posible "obstrución á xustiza", despois de ocultar "probas" durante case dúas décadas na paraxe de Navalacruz no que enterrou o corpo despezado de Juana Canal.

Juan Manuel Medina dixo que nin el nin a Fiscalía cren que fose un feito accidental, como mantén o detido nunha versión "exculpatoria", para tratar de rebaixar a pena. Ao preguntarlle por se considera que o acusado tivo axuda doutras persoas, o avogado da familia de Juana Canal opinou que non e precisou que "a súa contorna máis próxima, muller e fillos, era descoñecedores dos feitos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade