Cargando resultados...
Prisión sen fianza para un home que golpeou dez mulleres descoñecidas no metro de Barcelona
Golpeou con tal forza unha delas que lle rebentou o tímpano
G24.gal
11/02/2024 19:47
Última actualización 11/02/2024 19:56
Decretado o ingreso en prisión sen fianza para o home que este venres atacou e insultou a todas as mulleres que ía atopando ao seu paso no metro de Camp de l'Arpa, na liña 5 de Barcelona, segundo recollen unhas imaxes captadas polas cámaras de seguridade.
O agresor, de orixe magrebí e con antecedentes penais por roubos, golpeou con tal forza unha das súas vítimas que a tirou ao chan e lle rebentou un tímpano. Inicialmente, o detido agrediu dez mulleres, aínda que poderían ser máis.
Debido a estes feitos, ten aberta unha causa por lesións e trato degradante.