Cargando resultados...
Putin desafía os Estados Unidos a un duelo de mísiles en Ucraína
Na súa conferencia de prensa de fin de ano propúxolles aos norteamericanos que concentren na capital ucraína todas as súas defensas antiaéreas e intenten parar o seu novo mísil hipersónico

G24.gal
19/12/2024 20:50
Vladimir Putin reta os Estados Unidos a un duelo sobre os ceos de Kíiv. O presidente ruso proponlles aos norteamericanos que concentren na capital ucraína todas as súas defensas antiaéreas e intenten parar o seu novo mísil hipersónico.
Durante a súa tradicional conferencia de prensa de fin de ano, Putin gabouse de que as súas tropas seguen avanzando en Ucraína e declarouse disposto a falar con Trump para poñer fin ao conflito.