Cargando resultados...
Un veleiro queda á valga preto de Fisterra por unha interacción con candorcas
Salvamento Marítimo remolcou a terra o veleiro con tres tripulantes a bordo

G24.gal
21/09/2024 13:59
Última actualización 21/09/2024 18:16
Salvamento Marítimo remolcou un veleiro con tres tripulantes tras quedar sen temón a 5,5 millas ao suroeste de Fisterra por unha interacción con candorcas.
Segundo informan fontes do Salvamento, foi sobre as 8:10 horas deste sábado cando os tripulantes da embarcación de 10 metros de eslora deron a alerta.
A embarcación foi remolcada pola Salvamar Regulus ata o peirao de Fisterra onde atracaron sobre as 11:13 horas desta xornada.