Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia recibe o outono co tempo propio da estación

Galicia recibe o outono co tempo propio da estación

Quedan por diante case noventa días de cambios e de luz solar máis débil

G24.gal 22/09/2024 16:34 Última actualización 22/09/2024 17:47

Xa estamos oficialmente no outono e Galicia recibiuno co tempo propio da estación, tanto no litoral coma no interior. Moitos son os que saúdan con dita esta época do ano, pero a algúns cústalles dicir adeus ao verán.

Por diante 89 días e 21 horas. No día de hoxe, no do equinoccio, coma sempre as horas de luz do día e as da noite van á par. En realidade aínda hai doce horas e dez minutos de día fronte a once horas e cincuenta minutos de noite. E iso, o de ir perdendo claridade, é o que, maiormente, menos gusta da nova estación.  

Estamos en Baiona, unha vila turística no estío e que no comezo do outono é visitada por moitas excursións de xubilados e xubiladas. Tamén queda algún que gardou as vacacións para o final. Os postos de socorristas quedaron baleiros, tamén os de xeados. Porque outono tamén é sinónimo de verán afastándose.

De norte a sur, de litoral ao interior ningún lugar en Galicia subiu moito dos vinte graos. Os ceos maiormente anubrados, algunha choiva no horizonte e as follas comezando a asfaltar o chan. Como di a Xénese, nada novo baixo o sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade