Queixas pola cita previa na inspección de colectores no porto de Vigo
Os operadores aseguran que cada día parados lles fai perder cartos e temen un colapso
O cambio no sistema de quendas para pasar os colectores pola inspección de escáneres de aduanas preocupa os operadores do Porto de Vigo. Temen que a cita previa lles faga perder competitividade. Aseguran que cada día parados lles fai perder cartos e temen que chegue a producirse un colapso.
Dende a Axencia Tributaria aseguran que este cambio intenta evitar os problemas que exisitían con colectores que chegaban ao escáner e tiñan que volver outro día porque non podían pasar a inspección. Polo momento no Porto de Vigo non detectaron alteración no tránsito de colectores.
Entenden que os operadores se poidan sentir prexudicados, pero aseguran que están aínda en rodaxe e dispostos a facer as modificacións necesarias para garantir o bo funcionamiento da inspección.