Cargando resultados...
Quince detidos por secuestrar e torturar catro homes en Marbella
Os captores atribuíanlles aos secuestrados o roubo de 1.500 quilos de haxix

G24.gal
24/03/2023 08:07
A Policía Nacional detivo quince persoas en Málaga e Granada pola súa presunta implicación no secuestro de catro homes en Marbella. Os captores atribuíanlles aos secuestrados o roubo de 1.500 quilos de haxix. Para facelos confesar, sometéronos a torturas e golpes e deixáronos sen comida nin menciñas. Un deles, de feito, estivo a piques de morrer por un coma diabético.
O secuestro levouse a cabo en decembro, pero a operación concluíu agora. Nos rexistros en varias localidades malagueñas incautáronse de droga, unha pistola, uns 50.000 euros e varios vehículos.